Jaime Caamaño Comparada, nado en Buenos Aires cara a 1886 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Propietario da empresa de automóbiles El Jaime de Padrón e afiliado á agrupación do PSOE de dita vila. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, formou parte do Comité da Fronte Popular que intentou oporse ao golpe. Foi detido e internado na prisión de Padrón e o 30 de agosto foi trasladado á de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela o 16 de novembro por rebelión militar, con Francisco Castaño Otero, Andrés Rey Baltar, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.El Compostelano, 17-11-1936, p. 2. Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936.
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires
Categoría:Nados en 1886
Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades sen imaxes