Gwendoline Chomba Konie, nada en Lusaca o 9 de outubro de 1938 e finada na mesma cidade o 14 de marzo de 2009, foi unha escritora, diplomática e política de Zambia. Foi embaixadora do seu país en Escandinavia, as Nacións Unidas e Alemaña. En 2000 formou o seu propio partido político e en 2001 foi candidata á presidencia de Zambia.

Traxectoria

Naceu na por entón Rodesia do Norte, protectorado británico. Estudou na Universidade de Cardiff, en Gales, e na Universidade Americana en Washington, D.C., nos Estados Unidos de América. Doutorouse en Socioloxía pola Universidade de Warwick.Gwendoline Chomba Konie - Zambia , GenderLinks.org.za

En 1962 foi elixida por Evelyn Dennison Hone, gobernador xeral de Rodesia do Norte, para ser membro do Consello Lexislativo. Antes de aceptar, ela consultou con Kenneth Kaunda e finalmente aceptou o cargo. Formouse en Asuntos Exteriores e entre 1974 e 1977 foi Embaixadora en Suecia, Dinamarca, Noruega e Finlandia. En 1977 foi nomeada representante permanente de Zambia ante as Nacións Unidas, e en 1979 pasou a ser secretaria permanente do Ministerio de Turismo de Zambia. Despois da perda de porder de Kenneth Kaunda, seguiu traballando como diplomática co presidente Frederick Chiluba até 1997, e foi nomeada embaixadora en Alemaña."Party led by woman a first for Zambia", 28 de agosto de 2000, iol.co.za, consultado o 2 de febreiro de 2016.

Nas eleccións xerais de 2001 foi candidata á presidencia de Zambia ppolo Partido Social Democrático, que fundara en agosto de 2000 co foco posto en problemática social infantil e feminina.

Como escritora, o seu poema "In the Fist of your Hatred" foi incluído en 2007 en The Penguin Book of Modern African Poetry. O texto é un escrito contra a arrogancia masculina.

Tras a súa morte no Hospital MKP Trust de Lusaca, recibiu un funeral de estado.Gwendoline Konie Dies, 15 de marzo de 2009, Lusaka Times, consultado o 2 de febreiro de 2016..Reflecting on Gwendoline Konie's life, Kenneth Kaunda, Marzo de 2009.

Notas

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Lusaca Categoría:Finados en 2009 Categoría:Embaixadores de Zambia Categoría:Alumnos da Universidade de Cardiff Categoría:Alumnos da Universidade de Warwick Categoría:Políticos de Zambia Categoría:Escritores de Zambia Categoría:Escritores en lingua inglesa