Negueira é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte do encoro de Salime e abas do río Navia nese concello. Esta área de conservación ocupa 4.547 ha. do concellos de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada. Destaca por ser unha zona de montaña, con clima atlántico pero influencia mediterránea, con bosques de castiñeiros, carballos e sobreiras e por se un lugar común dos osos pardos.
Xeografía O espazo natural está por completo no concello de Negueira de Muñiz, na comarca lucense da Fonsagrada. Inclúe ás parroquia de Río de Porto, Ernes e parte das de Barcela (os lugares de Barcela, Cancio, Castelo, El Foxo, Rozadas, Vilauxín, ) e de Negueira (os lugares de Negueira, Pieiga, Sanformar e Seira).
Inclúe un treito final do encoro de Salime, coas abas e regatos que chegan a este encoro. Este encoro está no treito alto do río Navia.
Fauna e flora Flora Os bosques fórmanos os castaños (Castanea sativa) e os carballos (Quercus robur) e sobreiras (Quercus suber) e nas ribeiras os abeneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsior). Entre os bosques prioritarios do espazo están os bosques de costas e barrancos e os sobreirais. Outras masas fórmanas os queirogais, que os forman as especies de Erica ciliaris e Erica tetralix. No espazo están ademais lugares de turbeiras activas.
Fauna En Negueira está presente o oso pardo (Ursus arctos) e outras especies de conservación prioritaria, como o Cerambyx cerdo, os escornabois (Lucanus cervus), as londras (Lutra lutra) e os aguaneiros (Galemys pyrenaicus).
As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta monticola Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis emarginatus Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros Mamíferos Ursus arctos
Lexislación Negueira foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia