Cargo é un filme británico de 2006 dirixido por Clive Gordon. Foi producido por Andrea Calderwood e Juan Gordon e o guión é obra de Paul Laverty. Está protagonizado por Peter Mullan, Daniel Brühl, Luís Tosar, Samuli Edelmann e Gary Lewis. A rodaxe realizouse nun barco abandonado do porto de Barcelona.

Sinopse Chris é un mozo ó que lle gusta viaxar por todo o mundo con só unha mochila. Neste caso viaxa a África para vivir novas aventuras, mais a súa viaxe trúncase de súpeto ó roubar un brazalete nun mercado. Logo dunha algueirada coa policía, queda sen pasaporte e sen medios para volver a casa.

O único xeito de volver ó seu país é facendo de polisón nun cargueiro e refúxiase nun que leva unha carga ilegal a Europa.

Personaxes Nikki Amuka-Bird como Subira Daniel Brühl como Chris Samuli Edelmann como Rhombus Christopher Fairbank como Ralph Peter Mullan como Brookes Luís Tosar como Bautista Gary Lewis como Herman Samuli Edelmann como Rhombus Pere Eugeni Font como Frank Joan Serrats como Ramazan Carlos Blanco como Sasha Gonzalo Cunill como Frank

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Clive Gordon Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego