A folosa fluvial ou fulepa fluvialPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Locustella fluviatilis) é unha especie de ave paseriforme da familia Locustellidae (antes considerábase un Sylviidae), que vive en Eurasia e África. En Galicia é unha ave accidental.
Descrición
Mide arredor de 15 cm de longo. O seu bico é fino e bicudo e a cola longa. As súas partes superiores son de cor parda cincenta e lisas, mentres que as súas partes inferiores son abrancazadas, co peito con vetas pardo agrisadas e as cobertoiras inferiores da cola tamén pardas coas puntas brancas, dándolle á zona un aspecto escamado. Adoita presentar unha lista superciliar clara difusa. Os dous sexos teñen un aspecto similar e os xoves teñen as partes inferiores máis amareladas.
Algúns individuos presentan un escamado baixo a cola menos evidente, ao teren as listas brancas das puntas das cobertoiras máis largas, co que teñen un aspecto máis parecido á Locustella luscinioides, aínda que esta non ten o peito con vetas e a coloración das súas partes superiores é máis verdosa.Normaja, Jyrki (1994) Plumage variation in River Warblers Birding World 7(5): 192-5
O seu canto é un renxer rápido e monótono similar ao das carricantas, con frecuencia emitido ao solpor e en series longas.
Distribución e hábitat
É un paxaro migratorio que cría en Europa Central e Oriental e o oeste de Asia e viaxa ao sueste de África para pasar o inverno, aínda que existen algunhas poboacións que se reproducen no nordeste de África. En Europa Occidental é unha ave errante rara.
Adoita vivir nos bosques caducifolios próximos á auga, arredor dos pantanos ou ríos.
Comportamento Aliméntase de insectos. Fai o niño no chan entre a vexetación densa onde adoita poñer entre 5 e 7 ovos.
É unha especie esquiva e difícil de ver, agás cando canta. Agóchase entre a herba e as matogueiras baixas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Fotos en www.naturlichter.com
Categoría:Locustélidos Categoría:Sílvidos