O Legia Warszawa é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Varsovia. Actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima categoría do baloncesto polaco. O club xoga os seus partido como local no OSiR Bemowo, pavillón con capacidade para 1.000 espectadores. É a sección de baloncesto do Legia Warszawa.
Palmarés Liga de Polonia Campión (7): 1956, 1957, 1960, 1961, 1963, 1966, 1969 Copa de Polonia Campión (2): 1968, 1970
Véxase tamén
Outros artigos Legia Warszawa
Ligazóns externas Sitio web oficial do Legia Warszawa (baloncesto)
Categoría:Equipos de baloncesto de Polonia