Consuelo García Meijide, coñecida como Consuelo de Lata, nada en Galegos (Frades) e finada en Senra (Oroso) o 18 de xaneiro de 1948, foi unha colaboradora da guerrilla antifranquista galega.

Traxectoria Veciña da Garabanxa (Calvente), onde rexentaba unha taberna. Foi detida, torturada e asasinada pola Garda Civil o 18 de xaneiro de 1948 en Ponte Arderís (Senra), acusada de colaborar coa guerrilla dándolle acubillo á partida de Manuel Ponte Pedreira. O seu home Pedro García, tamén foi detido e estivo preso acusado de colaborar coa guerrilla.

Vida persoal

Casou con Pedro García Barreiro, e tiña unha filla: Josefina García García Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Censo das mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952)

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Frades Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes