Behati Prinsloo, nada en Vanderbijlpark (Suráfrica) o 16 de maio de 1988, é unha supermodelo e activista namibia. En 2008, converteuse en modelo contratada por Pink, e pasou a ser un dos "Anxos" de Victoria's Secret en 2009. Desfilou en nove Victoria's Secret Fashion Show (2007–2015; 2018–presente). Abriu os espectáculos Victoria's Secret Fashion de 2014 e 2015.
Traxectoria Naceu en 1988 en Vanderbijlpark, Suráfrica, e medrou na cidade namibia de Grootfontein dende os tres anos de idade. É filla de Louis François "Boet" Prinsloo, que é ministro do cristianismo protestante, e de Magda Rossouw, que atendía un bed and breakfast.
A súa familia é africáner e Prinsloo criouse co afrikaans como lingua materna, aínda que estudou en inglés.
Con 16 anos foi descuberta por un fotógrafo nun supermercado de Cidade do Cabo. O fotógrafo deulle unha tarxeta da axencia Storm para que ela a visitase. Unha semana máis tarde, Prinsloo visitou a axencia e creou o seu primeiro portafolio. A fundadora da axencia, Sarah Doukas viu as súas fotos e levouna a traballar como modelo en Londres.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Activistas de Namibia Categoría:Modelos femininas de Namibia Categoría:Namibios de ascendencia neerlandesa