José Bernabé Martínez, nado en Murcia o 31 de maio de 1901,El Magisterio Español, 21-10-1933, p. 9. foi un mestre e político español.

Traxectoria

Mestre de Cervo dende 1934. Militante do PCE. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité de resistencia cedeirense, e ao poñerse enfermo o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, tomou a dirección do concello, e co tenente alcalde José Vergara López proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.¡Jamás volvais a Cedeira! Posiblemente fuxiu por mar. Foi xulgado en Ferrol por rebelión na causa 296/1936 xunto con José Lago Beceiro e Francisco Rodríguez,El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 8. e declarado en rebeldía. Pasou ao bando leal e combatiu no exército republicano, sendo nomeado comisario-delegado de batallón en decembro de 1937.Gaceta de la República, 15-12-1937, p. 1196. Foi ascendido a teniente en febreiro de 1938,Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 1-2-1938, p. 310. e a capitán en xaneiro de 1939.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 15-1-1939, p. 277-279. Como consecuencia do expediente de depuración no maxisterio, foi separado do servizo e baixa na escala en 1940.El Compostelano, 9-7-1940, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 3-4-1941, p. 1304-1305.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nomes e voces teñen as vítimas da represión franquista en Cedeira Ficha de Expediente de depuración

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Profesores de España Categoría:Concelleiros de Cedeira Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Militares de España Categoría:Nados en Murcia Categoría:Nados en 1901