A profilaxe post-exposición para o VIH (PEP) é un esquema preventivo para evitar a transmisión do VIH logo dunha posible exposición ó virus. Debe iniciarse canto antes logo da situación de risco, xa que a súa eficacia diminúe drasticamente se se comeza máis de 72 horas despois da exposición ó virus. Consiste na toma de antirretrovirais por un período de 28 días.

Tipos de exposición

Exposición ocupacional: é o acto de exposición dunha persoa traballadora da saúde ó contacto con fluídos potencialmente infectados con VIH ou a través dunha lesión. Exposición non ocupacional: é o acto de exposición dunha persoa ó contacto co VIH fóra de situacións ocupacionais. Inclúe por exemplo as relacións sexuais sen protección cunha persoa con VIH (violación, rotura de condón), compartir agullas ou outros equipos para o consumo de drogas, ou outro tipo de contactos cos fluídos que transmiten o VIH.

Mecanismo É un réxime de medicación mediante fármacos antirretrovirais que debe empregarse nas primeiras horas e funciona se se comeza durante as seguintes 72 horas á exposición, aínda que é menos eficaz con cada hora que pasa. Este tratamento prevén a seroconversión da persoa e evita por tanto a infección por VIH.

Existen guías de administración de PEP para grupos específicos, o tratamento debe ser indicado por unha persoa profesional da saúde de acordo ás características da exposición e da persoa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Profilaxis preexposición para o VIH

Categoría:SIDA Categoría:Artigos sen imaxes