O radical hidroperoxilo, tamén chamado radical perhidroxilo, é un radical que é a forma protonada do superóxido e ten a fórmula HO2. Esta especie química xoga un importante papel na atmosfera terrestre e, como especie reactiva do oxíxeno, en bioloxía celular.

Estrutura e reaccións

A molécula ten unha estrutura dobrada nun ángulo duns 104º.

O anión superóxido, e o radical hidroperoxilo coexisten en equilibrio químico en solución acuosa: + H2O HO2 + OH− A pKa do HO2 é 4,88. Por tanto, un 0,3% dos superóxidos presentes no citosol dunha célula típica están en forma protonada.

Oxida o óxido nítrico a dióxido de nitróxeno: NO + HO2 → NO2 + HO

Especies reactivas do oxíxeno en bioloxía Xunto coa súa base conxugada superóxido, o hidroperoxilo é unha importante especie reactiva do oxíxeno. A diferenza do , que ten propiedades redutoras, o HO2 pode actuar como oxidante en varias reaccións biolóxicas importantes, como a abstracción de átomos de hidróxeno do tocoferol e de ácidos graxos poliinsaturados na bicapa lipídica da membrana celular, polo que pode ser un importante iniciador da peroxidación de lípidos.

Importancia na química atmosférica O hidroperoxilo gasoso está implicado en ciclos de reaccións que destrúen o ozono estratosférico. Tamén está presente na troposfera, onde esencialmente é o subproduto da oxidación do monóxido de carbono e de hidrocarburos polo radical hidroxilo.

Como a constante dieléctrica ten un forte efecto sobre o pKa, e a constante dieléctrica do aire é bastante baixa, o superóxido producido (fotoquimicamente) na atmosfera está presente case exclusivamente en forma de HO2. Como o HO2 é bastante reactivo, actúa como un "limpador" na atmosfera ao degradar certos contaminantes orgánicos, polo que a química do HO2 é de considerable importancia xeoquímica.

Notas

Categoría:Radicais libres Categoría:Óxidos Categoría:Especies reactivas do oxíxeno