Elisa e Marcela (en ) é un filme biográfico e romántico dirixido por Isabel Coixet. Está protagonizado por Natalia de Molina e Greta Fernández, e conta a historia de Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga, dúas mestras galegas que casaron no ano 1901, sendo o primeiro matrimonio homosexual rexistrado na historia de España. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. Estreouse nalgúns cinemas escollidos de España o 24 de maio de 2019, e o 7 de xuño de 2019 a través de Netflix.

Emitiuse en galego na Televisión de Galicia o 23 de xuño de 2020.Estrea este domingo na TVG da película 'Elisa e Marcela', sobre o primeiro matrimonio homosexual en España

Personaxes Natalia de Molina como Elisa Greta Fernández como Marcela Sara Casasnovas como Ana Tamar Novas como Andrés María Pujalte como Nai de Marcela miniatura|Mercè Paloma, vestiario; Montse Sanfeliu, maquillaxe e peiteado, e Sylvia Steinbrecht, directora artística, Premis Gaudí 2020. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Isabel Coixet Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados na Coruña‎ Categoría:Filmes rodados en Pontevedra Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes ambientados na Arxentina Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego