miniatura|Representación de Posidipo de 1912 debida a John Pentland Mahaffy (1839 - 1919). Posidipo de Pela (Ποσείδιππος Poséidippos), nado en Pela, Macedonia, ca. -310 e finado ca. -240, foi un poeta e comediógrafo grego. Traxectoria Traballou en Exipto durante o século -III. Como poeta é coñecido sobre todo por un moi coñecido epigrama dialogado sobre a deusa Fortuna e a estatua de Lisipo na Anthologia Graeca, XVI, 275, impregnado de desengano, que serviu de tema aos poetas europeos a través da refundición emblemática de Alciato.

Véxase tamén Bibliografía Emilio Fernández-Galiano: Posidipo de Pela, Instituto de Filología, Madrid, 1987.

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Nados na periferia de Grecia central