Volvariella volvacea (coñecido como cogomelo da palla) é unha especie de fungo comestible cultivado amplamente no leste e sueste de Asia e usado na súa culinaria.

Nomes En chinés, son chamados cǎogū (草菇, lit. "palla champiñón");Hsiung, Deh-Ta (2006). The Chinese Kitchen: 186–187. London: Kyle Cathie Ltd. ISBN 1-85626-702-4 en Filipinas son coñecidos como kabuteng saging (fungo de banana); en thai chámanse het fang (เห็ดฟาง) e en vietnamita son chamados nấm rơm. En Asia é fácil conseguilos frescos, mais fóra dos países de cultivo véndense enlatados ou secos.

Cultivo Estes fungos son cultivados en camas de palla de arroz e colleitados inmaturos, durante a fase de botón ou "ovo" e antes de que se abra o veo.Li, G.S.F. (1992) "Morphology of Volvariella volvacea"; Shu-ting Chang & T. H. Quimio Tropical Mushrooms, Biological Nature and Cultivation Methods: 119-138. Son adaptables e necesitan de 4 a 5 días para madurar. Cultívanse en climas subtropicais, con alta pluviosidade anual. Non se coñecen rexistros do seu cultivo anteriores ao século XIX.

Precaución Parécese ao fungo velenoso Amanita phalloides, pero pode distinguirse porque a esporada da especie velenosa é branca e a da especie comestible é rosada. A súa confusión provocou algunhas intoxicacións en persoas tanto en California como en Australia, por exemplo.Fisher, David W. (2004) The Death Cap Amanita phalloides, The World's Most Dangerous Mushroom ; AmericanMushrooms.

Notas

Categoría:Pluteaceae Categoría:Fungos comestibles Categoría:Gastronomía da China Categoría:Gastronomía de Filipinas Categoría:Gastronomía de Tailandia Categoría:Gastronomía de Vietnam