Víctor Sánchez Mártil, nado en Hervás (provincia de Cáceres) o 11 de abril de 1898 e finado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936, foi un mestre e político estremeño.La H/historia en la memoria
Traxectoria Fillo de xornaleiros, marchou a Salamanca con 12 anos. Ingresou na Normal de Salamanca en 1914. Exerceu como mestre en Béjar e Salamanca. En 1927 foi destinado a Quinta do Monte (Esgos). En 1930 trasladouse á Escola do Pósito de Coiro. Formou parte do Círculo Republicano de Cangas de Morrazo. Participou na constitución da Federación Provincial de Traballadores da Ensinanza na Casa do Pobo de Vigo en 1931. Foi tesoureiro da Federación Comarcal de Pósitos do Morrazo e administrador do Pósito de Coiro. De ideoloxía comunista, coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido dúas veces. Participou no Congreso de Traballadores da Ensinanza de Galicia (FETE-UGT) o 19 de marzo de 1936. Foi vogal da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo. (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)" Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de xullo ingresando na prisión de Cangas. O 12 de setembro foi trasladado ao cárcere de Pontevedra, onde foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar o 19 de setembro con Agustín Jorge Etcheverri, Francisco Búa Carou, Lorenzo Corbacho Rodal e José Rodal Lanzós.El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7. Foi condenado a pena de morte e executado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936.
Vida persoal Casou con Justa Muñoz Martín e foi pai de cinco fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
En memoria de un maestro Ligazóns externas Víctor Sánchez Mártil, mestre do pósito de Coiro La Escuela fusilada de Coiro
Categoría:Profesores de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936