Marcos Viturro Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un escritor e actor galego máis coñecido como Marcos Viturro. Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Escola de música creativa Drops desa cidade. Traballa como Técnico xurídico da Administración Local e colabora con proxectos ligados ás artes escénicas. Foi o gañador do primeiro premio do III Certame Minicontos de Outono, organizado polo Centro PEN Galicia e o semanario extinto De luns a venres, co microrrelato Axuste de cornos. Publicou a súa primeira novela en 2018, titulada Patadas na boca.
Obras Axuste de cornos (microrrelato, publicado en De Luns a Venres, N.º 1.373)
Patadas na boca. (novela). ISBN 978-8417393-21-2 Edicións Do Peirao 2018. Saloucos (poesía) dentro de "Tes cinco minutos #2". ISBN 978-84-9151-839-6 Editorial Galaxia/Deputación de Pontevedra 2022.
Interpretación
Teatro
As ondas das pedras no río (2018), do dramaturgo Fernando Dacosta, coa Aula de Teatro Universitario de Ourense.
Audiovisual Serramoura (2020) Voz audiovisual / Televisión de Galicia (capítulos 159, 160, secundario). Trampitán (curtametraxe, protagonista, 2017) dirección Luis Estudillo e Gonzalo Fdz. de Córdova.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1980