Denis Zvizdić, nado en Saraxevo o 9 de xuño de 1964, é un político, arquitecto e profesor bosníaco. Pertence ao Partido de Acción Democrática e foi Primeiro Ministro de Bosnia e Hercegovina dende 2015 a 2019.
Traxectoria Nacido na cidade de Saraxevo no ano 1964 durante a época da República Federal Socialista de Iugoslavia. Procede dunha familia dedicada tamén á política, como o seu tío Avdo Campase, o seu primo Dubravko Campase e o seu outro primo Aljoša Čampara que actualmente Tenente de Alcalde de Saraxevo e Ministro do Interior do país. Cursou os seus estudos primarios e medios e seguidamente licenciouse en arquitectura pola Universidade de Saraxevo, na cal máis tarde se doutorou, e converteu en profesor. Durante eses anos Denis foi unha das primeiras persoas en ingresar no Partido de Acción Democrática, no cal continúa.
No ano 2003, ocupou o seu primeiro cargo político sendo elixido como Presidente do Cantón de Saraievo e máis tarde foi presidente da Asemblea do mesmo cantón. Posteriormente entre os anos 2010 e 2014 foi membro do Parlamento da Federación de Bosnia e Hercegovina.
Tras unha votación realizada o día 11 de febreiro de 2015 na Cámara de Representantes, foi elixido en sucesión de Vjekoslav Bevanda como novo Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina (xefe de goberno), sendo investido polos membros da presidencia o 31 de marzo do mesmo ano.
Ao chegar ao cargo comprometeuse a mellorar a acción da Adhesión de Bosnia e Hercegovina á Unión Europea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bosnia e Hercegovina Historia de Bosnia e Hercegovina
Ligazóns externas Denis Zvizdić no Twitter
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Saraxevo Categoría:Primeiros ministros de Bosnia e Hercegovina Categoría:Políticos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Alumnos da Universidade de Saraxevo