Javier Alonso Seoane, nado en Pontevedra en 1966, é un empresario e político galego. Traxectoria miniatura|Papeleta das eleccións locais 2019 en Vigo de Ciudadanos. Licenciouse en ciencias empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 canda outros tres socios fundou PROTEC, dedicada á xestión de activos de administracións públicas e entidades financeiras e dende 2014 é xerente e socio de Tecyp Ingeniería. Militante de Ciudadanos, é dende 2017 membro da xunta directiva local da formación en Pontevedra"Máis visibilidade, obxectivo da nova xunta directiva de Cidadáns Pontevedra" Pontevedra Viva, 22 de xullo de 2017 e voceiro na provincia de Pontevedra.
Na Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato ao Congreso dos Deputados por Ciudadanos. Nas Eleccións municipais de maio de 2019 foi o candidato do seu partido á alcaldía de Vigo. Nas Eleccións xerais de novembro de 2019 repetiu candidatura ao Congreso.
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Empresarios da construción Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes