Grus nigricollis é unha especie de ave gruiforme da familia Gruidae que habita en Asia. É unha grúa de tamaño medio que cría na meseta tibetana e pasa o inverno en zonas do noroeste do subcontinente indio e o leste da China. En Bután, son veneradas na tradición budista e están protexidas culturalmente en toda a súa área de distribución. Existe un festival en Bután na honra destas aves e o estado indio de Jammu e Caxemira considéraa a súa ave oficial.

Descrición esquerda|miniatura|Detalle da súa cabeza. Mide uns 139 cm de longo, ten unha envergadura de 235 cm e pesa arredor de 5,5 kg. A súa plumaxe é principalmente gris esbrancuxada, coa testa, a parte superior do pescozo e cola negros, ademais das súas plumas primarias e secundarias. O seu píleo é vermello e ten unha pequena mancha branca xunto á parte posterior do ollo. O iris dos seus ollos é amarelo esbrancuxado. O seu peteiro é claro mentres que as súas patas son negras. Ámbolos dous sexos teñen un aspecto semellante. A súa cola negra diferénciaa facilmente do grou, que a ten gris.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet

Categoría:Gruiformes Categoría:Animais descritos en 1876 Categoría:Aves de Bután Categoría:Aves da China Categoría:Aves da India