Pasar (en ) é unha novela da autora estadounidense Nella Larsen, publicada orixinalmente en 1929. Ambientada no barrio de Harlem da cidade de Nova York durante a década de 1920, a historia céntrase na reunión de dúas amigas da infancia, Clare Kendry e Irene Redfield, e a súa crecente fascinación polas vidas da outra. O título fai referencia á práctica da "passing" ou asimilación racial, e é un elemento chave na novela, xa que o intento de Clare Kendry de pasar como branca para o seu marido, John (Jack) Bellew, é a representación máis significativa da novela, e un catalizador para os acontecementos tráxicos.

As distintas formas de vivir e concibir a maternidade son un dos vectores que caracterizan e diferencian as dúas protagonistas principais.

A exploración racial de Larsen fundaméntase na propia herdanza racial mixta da autora e ó incremento da práctica do "passing" na década de 1920. Eloxiada dende a súa publicación, a novela é vista como referencial pola súa complexa representación da raza, do xénero e da sexualidade, e é obxecto dunha considerable crítica académica. Como unha das dúas únicas novelas que escribiu Larsen, Pasar foi especialmente significativa á hora de colocar á súa autora á vangarda de varios canons literarios.

Foi traducida ó galego por Carlos Valdés García e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2017.

Notas

Bibliografía Passing

Categoría:Obras literarias de 1929 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎