Virginia Elena Raggi, máis coñecida como Virginia Raggi, nada en Roma o 18 de xullo de 1978 é unha política e avogada italiana.
Militante do Movemento 5 Estrelas, é a alcadesa da Cidade metropolitana de Roma Capital desde o 22 de xuño de 2016.
Traxectoria Formación Naceu no barrio de San Giovanni-Appio Latino, fixo o bacharelato no liceo científico "Isacco Newton", e licenciouse en dereito na Universidade de Roma III, centrándose en Dereito civil, xudicial e extraxudicial.
Como xurista é especialista en dereitos de autor, propiedade intelectual e novas tecnoloxías.
Actividade política En 2011 uniuse ao Movemento 5 Estrelas, e constituíu o grupo do Municipio XIV (Roma).
De 2013 a 2015 foi concelleira e voceira do M5E no Concello de Roma, onde se especializou en temas de educación e medio ambiente, na oposición.
Deixou de selo ao disolverse o consistorio tras o escándalo de corrupción no que se viu implicado o daquela alcalde Ignazio Marino, do Partido Demócrata.
En 2016 foi candidata do Movemento 5 Estrelas á alcaldía de Roma, tras gañar as primarias vía Internet no seu partido M5E, con 1 360 votos.
Na primeira volta das eleccións municipais celebradas o día 5 de xuño obtivo o 35,29 % dos votos fronte ao 24,80 % de Roberto Giachetti, o aspirante do Partido Demócrata (PD) de Matteo Renzi.
Na segunda volta electoral, celebrada o 19 de xuño, ganou co 67,2 % dos votos fronte ao 32,8 % do seu rival, o candidato do Partido Demócrata.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Roma Categoría:Alcaldes de Roma