O anel vaxinal (tamén coñecido como anel intravaxinal ou sistema de liberación vaxinal), cuxa denominación comercial é NuvaRing, é un método anticonceptivo hormonal de longa duración consiste nun anel de plástico flexible (copolímero Etilvinilacetato) duns 5 centímetros de diámetro que, colocado na vaxina, libera hormonas femininas idénticas á pílula anticonceptiva (etonoxestrel e etinilestradiol) en doses baixas e constantes e que, absorbidas pola mucosa da vaxina, impiden a ovulación. A súa eficacia, semellante á pílula anticonceptiva, é do 99,7%.
Método de uso O anel vaxinal é de uso mensual acompañado ó ciclo sexual feminino ou ciclo menstrual. Introdúcese na vaxina, no primeiro día do ciclo; déixase inserido durante tres semanas (21 días) tras as cales se retira e refuga co obxecto de descansar durante unha semana (7 días) deixando para que a menstruación teña lugar. Despois debe introducirse outro novo.
O anel non se move nin cae grazas ás paredes vaxinais, aínda que pode producirse nalgúns casos. O anel vaxinal permanece na vaxina durante as relacións sexuais, agás durante a semana de descanso. A maioría de parellas non o perciben durante as súas relacións sexuais. Antes de comezar o seu uso pode ser conveniente a consulta médica. Dependendo dos países pode requirirse a prescrición médica.miniatura|Anel vaxinal, un dos métodos anticonceptivos máis empregado.|centro Notas
Categoría:Sexualidade humana Categoría:Equipamento médico