Melinda Ademi, nada o 19 de novembro de 1995, e unha cantante kosovar asentada nos Estados Unidos de América.
Traxectoria Melinda naceu en Kosovo, mais tivo que abandonar o país por mor da Guerra de Kosovo e chegou aos Estados Unidos xunto a súa familia como refuxiada. Nunha entrevista no programa American Idol, ela e a súa familia explican a dureza de fuxir de Kosovo, tiroteos entre as fronteiras de Montenegro e Bosnia e Hercegovina e da sorte que tiveron ao poder acceder ao Green Card e refuxiarse nos Estados Unidos.
Comezou a súa carreira no talent-show American Idol no ano 2011, onde foi escollida como partipante, aínda que sen acadar unha boa posición. Volveu ao mesmo concurso dous anos despois, chegando ás semi-finais.
No ano 2015 lanza o seu primeiro sinxelo Purr, e en 2018 acadou recoñecemento e fama por toda a diáspora albanesa no mundo co lanzamento de Lulija.
Discografía
Sinxelos
Ano Título Posición nas listas ALB KOS 2015 Purr 2018 Lulija (feat. Seven) Lej Palo 2019 AMI 12 Çifteli 1 Notas
Categoría:Cantantes de Kosovo Categoría:Nados en 1995 Categoría:Cantantes en lingua albanesa