Os son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Chiba da Rexión de Kanto. Fundado en 1950, antes de xogar en Chiba, o equipo tivo a súa sede no centro de Tokyo, en Sendai e en Kawasaki. Membro da Nippon Professional Baseball (NPB), principal competición beisbolística do país nipón, xoga os seus partidos como local no Zozo Marine Stadium.
Historia A franquía dos Marines foi fundada en 1950 co nome de Mainichi Orions, sendo un dos membros iniciais da Pacific League. Xa no seu primeiro ano conseguen gañar as Series do Xapón, tras ven er na final aos Shochiku Robins (hoxe Yokohama DeNA BayStars) por 4−2. En 1958 o equipo fusionase cos Daiei Unions e muda o seu nome a Daimai Orions. Nos anos 1960 chegan dúas mudanzas máis de nome: Tokyo Orions (1964) e Lotte Orions (1969). A nivel deportivo, con todo, non consegue volver a ter o éxito da súa temporada inicial, chegan ás Series do Xapón de en 1960 e 1970, mais ambas ante Taiyō Whales (hoxe Yokohama DeNA BayStars) e Yomiuri Giants respectivamente.
Desde a súa fundación até 1972 o equipo xogara sempre no centro de Tokyo, mais entre 1973 e 1977 o equipo trasladouse á cidade de Sendai, ao norte do país. Coa mudanza regresa o éxito á franquía, xa que conseguen o seu segundo título das Series do Xapón ao vencer aos Chunichi Dragons (4−2). Convertéronse ademais no primeiro equipo da Liga do Pacífico en gañar as series en dez anos debido ao dominio dos Yomiuri Giants de Sadaharu Oh e Shigeo Nagashima. En 1978 o equipo regresa á área de Tokyo, a Kawasaki, onde permanecen até que en 1992 se trasladan a Chiba. Alí adoptan o seu actual nome de Chiba Lotte Marines.
Xa no seu novo destino, o equipo non consegue disputar unhas Seriess do Xapón até 2005. Esa temporada o equipo comezou encabezando a liga, mais co paso dos xogos perdeu o lugar ante os Fukuoka SoftBank Hawks. Con todo, puideron disputar os playoffs, onde derrotaron aos propios Hawks para clasificarse á final. Estas Series supoñían a súa primeira participación na final en trinta e un anos (desde 1974). Tendo como rival aos Hanshin Tigers, os Marines impuxéronse en tan só catro encontros, anotando máis de dez carreiras en cada un dos tres primeiros. En novembro desde mesmo ano, o equipo consegue gañar a primeira edición das Series de Asia, onde venceron aos Samsung Lions surcoreanos. En 2010 o equipo consegue de novo ser campión do Xapón após vencer aos Chunichi Dragons na final por 4−2.
Nomes Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes: Mainichi Orions (1950–1957) Daimai Orions (1958–1963) Tokyo Orions (1964–1968) Lotte Orions (1969–1991) Chiba Lotte Marines (1992–presente)
Estadio
Actualmente, os Chiba Lotte Marines xogan os seus encontros como local no Zozo Marine Stadium, recinto con capacidade para 30.348 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:
EstadioLocalizaciónPrefecturaCapacidade Período Kōrakuen Kyūjō Bunkyō border|20px|Tokyo Tokyo 42.337 1950 1962 Tokyo Stadium Arakawa border|20px|Tokyo Tokyo 35.000 1962 1972 Estadio de Miyagi Sendai border|20px|Miyagi Miyagi 30.508 1973 1977 Kawasaki Kyūjō Kawasaki border|20px|Kanagawa Kanagawa 30.000 1978 1991 Chiba Marine Stadium Chiba border|20px|California Chiba 30.348 1992 −
Xogadores Dorsais honrados thumb|Yasuhiko Yabuta. Os Yokohama DeNA BayStars non teñen retirado ningún dorsal, máis honran o 26 como homenaxe aos seus seareiros. O último xogador en levar este número foi Yasushi Sakai (2003−2004). Durante os partidos cólgase no banco dos Marines un uniforme sen nome co número 26, o cal é levado polo mellor xogador do partido (ou a mascota) nas entrevistas finais ao mellor xogador. Ademais o club de fans oficial do equipo chámase TEAM26 (Equipo 26). NºXogador 26 Seareiros dos Marines
Xogadores MLB PaísXogadorPosiciónPeríodo Hideki Irabu Pitcher 1988–1996 Satoru Komiyama Pitcher 1990–1999, 2004–2009 Masahide Kobayashi Pitcher 1997–2007 Tsuyoshi Nishioka Shortstop 2003–2010 Yasuhiko Yabuta Pitcher 1996–2007, 2010–2013
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Chiba Lotte Marines Categoría:Equipos da NPB Categoría:Equipos de béisbol do Xapón