Homo luzonensis refírese ós restos fosilizados dun homínido que foron descubertos na cova do Callao, en Luzón, Filipinas no ano 2007 por Armand Salvador Mijares. Especificamente, o achado inicial consistiu nun único metatarso de 61 milímetros que, cando foi datado empregando datación radiométrica, descubriuse que tiña 67 000 anos de antigüidade, é dicir do Plistoceno serodio.

En 2019, nun artigo publicado na revista Nature describiu o "descubrimento de doce elementos homínidos adicionais que representan cando menos tres individuos que foron atopados na mesma capa estratigráfica da cova do Callao que o metatarso anteriormente atopado" e identificou os fósiles como pertencentes a unha nova especie, Homo luzonensis, sobre a base das diferenzas con outras especies do xénero Homo, incluíndo H. floresiensis e H. sapiens.

Notas

Categoría:Fósiles descritos en 2019