Bernardo Bernárdez Romero, nado en Santiago das Caldas (Ourense) en 1886 e finado en Madrid en 1975, foi un político e escritor galego.
Traxectoria A súa familia estableceuse en Vigo cara a 1904. Foi membro da Liga de Defensores de Vigo. Fundador e presidente do Círculo Mercantil de Vigo. Foi concelleiro maurista de Vigo de 1914 a 1917 e secretario da Asociación de Turismo.
Colaborou en Ecos de Vigo e Galicia. Diario de Vigo. É autor do libro Tratado de Viguismo. Resumen histórico comentado de los diez últimos años de la Monarquía Española en Vigo. 1921 a 1931 onde eloxia a ditadura de Primo de Rivera e critica o incivismo da clase dirixente viguesa.
Obra escrita publicada Tratado de… «Viguismo». (1932). Vigo: Editorial Roel. Calvo Sotelo, Destellos y sombras de su obra. 1937.
Vida persoal Tivo dez fillos, entre eles Luis Bernárdez Domínguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Liga de Defensores de Vigo
Categoría:Concelleiros de Vigo
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes