O raion de Turukhansk (en ruso Туруха́нский райо́н) é un raion (distrito) do krai de Krasnoiarsk, Rusia.
Xeografía miniatura|200x200px|Panorama da paisaxe do raion.|esquerda O raion de Turukhansk está situado no oeste do krai, e limita ao norte co raion de Taimirsk Dolgano-Nenetsken, ao leste co raion de Evenkiisk, ao sur co raion de Ieniseisk, e ao oeste do óblast de Tiumén.
A súa superficie é de 211 189 km2.Páxina web oficial do krai de Kasnoiarsk. Información sobre o raion de Turukhansk .
O seu centro administrativo (capital) é a localidade de Turukhansk.Lei #10-4765.
A través do distrito fúen os seguintes afluentes do río Ienisei: o Podkamennaia Tunguska, o Ielogui, o Nizhniaia Tunguska, o Turukhan, o Kureika e o Sukharikha.
O raion acolle a Reserva Natural de Turukhanski.
Demografía A súa poboación no ano 2010 era de 18 708 habitantes,Censo ruso de 2010. que descendera en 2018 até os 15 971,"26. Численность постоянного населения Российской Федерации по муниципальным образованиям на 1 января 2018 года". Servizo de Estatísticas do Estado Federal. polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 0,089 hab./km2
A poboación do raion é un 38,5 % urbana, e un 61,5 % rural. A poboación da capital, Turukhansk, acolle ao 24,9 % da poboación total do distrito.
Historia O distrito foi fundado o 7 de xuño de 1928.
Xosé Stalin viviu no exilio no territorio do distrito moderno antes da Revolución de Outubro.
Goberno Desde 2013, o xefe do distrito e presidente do seu Consello é Anatoli I. Goloded.
Particularidade demográfica O raion é o fogar da maioría dos compoñentes do pobo keta, un grupo étnico pequeno e en declive, cuxo idioma, o keto, é a última supervivente do gupo das linguas ieniseianas, que a maioría dos autores inclúen na suposta familia das linguas dené-caucasianas, relacionada coas linguas na-dené dos pobos indíxenas de América.Hoxe en día, a maioría das persoas que aínda falan keto viven en só tres localidades: Kellog, Surgútikha e Madúika, todas elas situadas no distrito de Turukhansk. Segundo o censo de 2002, había 1 494 ketas en Rusia.Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. London: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1. Pero o número de individuos que teñen como lingua materna este idioma era tan só de 213 en 2010.Kryukova, Elena (2013): "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39. A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües, polo que se considera un idioma en perigo de extinción.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Londres: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1.
Outros artigos Krai de Krasnoiarsk Pobo keta
Ligazóns externas Páxina web oficial .
Categoría:Krai de Krasnoiarsk