Daniel Ochefu, nado o 15 de decembro de 1993 en Baltimore (Maryland), é un xogador de baloncesto profesional internacional estadounidense con pasaporte nixeriano que xoga cos Ibaraki Robots da B. League xaponesa. Formado na Universidade de Vilanova, cos que conseguiu gañar o campionato da NCAA, xoga na posición de pivote cunha altura de 2,08 m. Internacionalmente compite coa selección de Nixeria, coa cal conseguiu a medalla de prata no Campionato de África da FIBA 2017.
Traxectoria Nado en Baltimore, Maryland, Ofechu acudiu ao Instituto de Westtown, onde fixo unha media como júnior de 16 puntos e 12 rebotes por partido. Como sénior foi transferido ao Instituto de Downingtown East. Tras finalizar a súa etapa escolar foi clasficado no posto 54 na lista dos 100 mellores xogadores de instituto da ESNPU. A nivel universitario xogou para a Univesidade de Villanova, cos que conseguiu gañar en 2016 o título de campións da NCAA. Entre os seus partidos máis ddestacábeis destacan os 25 puntos na vitoria ante St. John's (73–63) o 13 de febreiro de 2016. Ese mesma temporada recibiu a mención de honra de All-Big East como un dos mellores xogadores da súa conferencia.
Despois de non ser elixido no Draft da NBA de 2016, asinou cos Washington Wizards para a Liga de Verán de Las Vegas, onde fixo unha media de 1,8 puntos e 2,8 rebotes por partido. Finalmente, o 23 de setembro asina contrato coa franquía. O seu debut na NBA chegou o 27 de outubro no partido inaugural da temporada, onde rexistrou un rebote en catro minutos ante os Atlanta Hawks. Un ano despois, o 9 de outubro, foi curtado polo equipo, asinando día 13 polos Boston Celtics, os cales o asignaron ao seu equipo da G League, os Maine Red Claws. A continuación xoga para outros equipos da mesma competición como os Windy City Bulls e os Stockton Kings.
Estatísticas na NBA Temporada regular Tempada Equipo PX PT MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS Washington 19 0 3.9 .444 .000 .000 1.2 .2 .1 .0 1.3 Carreira 19 0 3.9 .444 .000 .000 1.2 .2 .1 .0 1.3
Playoffs Tempada Equipo PX PT MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2017 Washington 4 0 1.3 .000 .000 .000 .3 .0 .0 .0 .0 Carreira 4 0 1.3 .000 .000 .000 .3 .0 .0 .0 .0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Estatísticas en ESPN Estatísticas en Basketball Reference
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de Nixeria Categoría:Estadounidenses de ascendencia nixeriana Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán