Benito Iglesias Fernández, nado en Ribadeo e finado en Vigo o 2 de xullo de 1938, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Residía en Piedras Blancas (Castrillón) e era membro da Agrupación Socialista de Castrillón. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combateu no exército republicano de Asturias, onde foi capitán do Batallón Pablo Iglesias 251. Capturado polos franquistas, estivo preso no campo de concentración de Camposancos. Fuxiu do campo con outros presos asturianos o 10 de febreiro de 1938,Ansias de liberdade. Fuga en Camposancos. pero foi detido e xulgado en Camposancos, sendo condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo.
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos