Transient Random-Noise Bursts with Announcements é o segundo álbum de estudio da banda anglo-francesa de avant-pop Stereolab, publicado o 24 de agosto de 1993 a través do selo Duophonic Records no Reino Unido e de Elektra Records nos Estados Unidos.
A meirande parte das primeiras 1 500 copias en vinilo foron destruídas debido á súa mala calidade. O terceiro tema, "Pack Yr Romantic Mind", foi regravado debido a que inicialmente a canción tiña un sample de George Harrison e a banda non conseguiu o permiso para usalo. O final do derradeiro tema, "Lock-Groove Lullaby", esténdese cara a un suco de bloqueo que repite unha frase do tema de Perrey and Kingsley "The Savers", do seu álbum Kaleidoscopic Vibrations: Spotlight on the Moog.
O deseño da portada e do libreto adaptouse dun disco de probas hi-fi publicado pola revista Hi-Fi Sound en 1969; o propio disco aparece sampleado no tema "Jenny Ondioline".
Listaxe de cancións
Créditos dos samplesLibreto do disco
"Pack Yr Romantic Mind" ten porcións de "Strangers in the Night", composta por Bert Kaempfert, Charles Singleton e Eddie Snyder. "I'm Going Out of My Way" ten partes de "One Note Samba", composta por A. Jobim, J. Hendricks e N. Mendoca. "Jenny Ondioline" ten samples de "Channel Recognition Phasing & Balance", usados por cortesía de Haymarket Publishing. "Lock-Groove Lullaby" ten partes de "The Savers", composta por Jean Marcel e Gershon Kingsley.
Notas
Categoría:Álbums de Stereolab Categoría:Álbums musicais de 1993 Categoría:Álbums de Duophonic Records Categoría:Álbums de Elektra Records