miniatura|Localización do río Ussuri na conca do Amur. miniatura|Situación do río Ussuri.

O río Ussuri,Ussuri, na Diciopedia do século 21. en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo.

Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 m³/s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa).

Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.

Xeografía O río Ussuri nace na cordilleira de Sikhote-Alin, a menos de 50 km da costa do mar do Xapón Oriental. Ao principio encamíñase en dirección sur, para logo describir unha ampla curva e dirixirse cara ao norte até unirse ao río Amur na cidade rusa de Khabarovsk.

En gran parte do seu percorrido delimita a fronteira entre China e Rusia. A lonxitude total do río é duns 897 km. Situado nunha rexión de clima moi frío, o río permanece xeado entre os meses de novembro e abril. As enchentes do río debidas ao desxeo e á chuvia son causa de frecuentes inundacións na zona.

Afluentes Os principais ríos tributarios do Ussuri, en dirección augas abaixo, son os seguintes: río Arsénievka (pola esquerda), cunha lonxitude de 294 km e unha conca de 7 060 km²; río Songacha (pola esquerda), o principal emisario do gran lago Khanka (4 190 km²), que forma fronteira entre a China e Rusia, cunha lonxitud de 180–210 km (cambia frecuentemente de leito) e unha conca de 25 600 km²; río Muling (pola esquerda), cunha lonxitude de 577 km e unha conca de 18 500 km²; río Bolshaya Ussurka (poa dereita), cunha lonxitude de 440 km e unha conca de 29 600 km²; río Bikin (pola dereita), cunha lonxitude de 560 km e unha conca de 22 300 km²; río Naoli (pola esquerda), cunha lonxitud de 596 km e unha conca de 24 000 km²; río Khor (pola dereita), cunha lonxitude de 453 km e unha conca de 24 700 km²;

Historia miniatura|A illa Zhenbao.

En 1891, a construción da liña do ferrocarril Transiberiano iniciouse por ambos os extremos á vez. O equipo oriental partiu desde Vladivostok en dirección norte, discorrendo logo pola beira dereita do río Ussuri até chegar a Kabárovsk, onde a liña cruzaba o río Amur mediante unha gran ponte. Este foi o primeiro treito do Transiberiano que foi finalizado, entrando en servizo en 1897, cando foi coñecido como o ferrocarril Ussuri, con máis de 750 km de lonxitude.

O río Ussuri tamén é famoso porque foi o escenario do conflito fronteirizo sino-soviético no ano 1969.1969 Border Conflict. Consultado o 22 de novembro de 2019 . O momento máis grave foi o combate entre tropas chinesas e rusas pola illa Zhenbao (Damanski en ruso), daquela controlada pola Unión Soviética.Wolfgang Benz & Hermman Graml (1986): Europa después de la Segunda Guerra Mundial 1945-1982. Historia Universal Siglo XXI, Vol. 35, tomo I. Madrid: Siglo XXI Editores, S. A. ISBN 978-84-3230-572-6, páx. 433. En 1991 o goberno ruso aceptou recoñecer a soberanía chinesa sobre moitas das pequenas illas situadas no río como xesto de boa vontade para poñer fin ás disputas territoriais entre os dous países.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ussuri River na Encyclopædia Britannica .

Categoría:Ríos da China Categoría:Ríos de Rusia