260px|miniatura|A Casa Señorial de Rayküla.

Alexander Friedrich Michael Lebrecht Nikolaus Arthur Graf von Keyserling, coñecido como Alexander von Keyserling, nado o 15 de agosto de 1815 na Casa Señorial de Kabile, Kuldīga, Curlandia, que máis tarde pasou a ser unha provincia do imperio Ruso (hoxe Letonia), e finado o 8 de maio de 1891 na Casa Señorial de Rayküla, Condado de Rapla, Estonia, foi un aristócrata, paleontólogo, naturalista, xeólogo, botánico, e zoólogo alemán, que traballou no imperio Ruso.

Traxectoria Fillo do conde Heinrich Dietrich Wilhelm von Keyserling e da súa esposa Anne Amélie Bénigne von Nolde, formaba parte dunha destacada familia aristocrática xermano-báltica, os Keyserling.

Está considerado como un dos fundadores da xeoloxía rusa.

Realizou numerosas expedicións finaciadas polo seu amigo, o tsar Nicolao I.

Ademais dos seus traballos en xeoloxía, realizou numerosas investigacións en botánica e en zooloxía.

Casou en 1844 coa condesa Zénaide Cancrin (1821-1885), filla do célebre ministro de Finanzas de Nicolao I Georg Cancrin.

Ocupou varios cargos, entre eles curador da Universidade de Tartu (1862-1869).

En 1847 retirouse da súa carreira académica, establecéndose na mansión Rayküll, que adquirira como dote para o seu matrimonio coa fija do ministro de Finanzas ruso George Cancrin.

Algunhas publicacións Con Johann Heinrich Blasius. Die Wirbelthiere Europa's (Os mamíferos de Europa) F. Vieweg und Sohn, Braunschweig, 1840. Con Roderick Impey Murchison e Édouard de Verneuil. The Geology of Russia in Europe and the Ural Mountains... Editor J. Murray, 1845. Con Paul Theodor von Krusenstern. Wissenschaftliche Beobachtungen auf einer Reise in das Petschora-Land, im Jahre 1843 (Observacións científicas durante unha viaxe á tierra de Petschora, en 1843). C. Kray, San Petersburgo, 1846. Fossile Mollusken. San Petersburgo, 1848. Der nördliche Ural und das Küstengebirge Pai-Choi, untersucht und beschrieben von einer in den Jahren 1847, 1848 und 1850 durch die kaiserlich-russische geographische Gesellschaft ausgerüsteten Expedition... Buchdruckerei der kaiserlichen Akademie der Wissenschaften, San Petersburgo, 1853. "Reisetagebücher des Graffen Cancrin 1840-45".Memorias do seu avó, o xeneral conde Cancrin. Polypodiacea et cyatheacea herbarii bungeani. W. Engelmann, Leipzig, 1873. Genus Adiantum L. Recensuit Alexander Keyserling... Academia Imperial das Ciencias, San Petersburgo, 1875. Aus dem Tagebuchblättern des Grafen Alexander Keyserling... Stuttgart, 1894.

Abreviatura (botánica) A abreviatura Keyserl. emprégase para indicar a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Abreviatura (zooloxía) A abreviatura Keyserling emprégase para recoñecer a Alexander von Keyserling como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores Eponimia Botánica Xénero (Fabaceae) Keyserlingia Bunge ex Boiss.Fl. Orient. [Boissier] 2: 629 [dec 1872 a xaneiro de 1873] (IK) Especies (Fabaceae) Astragalus keyserlingii BungeMém. Acad. Imp. Sci. St.-Pétersbourg, Sér. 7. 11(16): 82 1868; 15(1): 139 (1869) Generis Astragali (IK) (Fabaceae) Tragacantha keyserlingii KuntzeRevis. Gen. Pl. 2: 945 1891 (IK)

Notas

Categoría:Científicos de Rusia Categoría:Botánicos de Rusia Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Xeólogos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1815 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Finados en 1891