Winnie Harlow, nada como Chantelle Brown-Young en Toronto (Ontario) o 27 de xullo de 1994, é unha modelo canadense e portavoz das persoas con vitilixe. É máis coñecida por participar no programa de televisión estadounidense America's Next Top Model.

Primeiros anos Winnie Harlow é de ascendencia xamaicana e ten dúas irmás. Á idade de catro anos diagnosticóuselle a alteración crónica da pel caracterizada pola despigmentación de porcións da pel. Winnie foi vítima da intimidación doutros nenos e, segundo informa, foi chamada «vaca, cebra e toda clase de insultos» ao longo da súa infancia. O acoso verbal levouna a cambiarse de escola numerosas veces e abandonar a escola secundaria, despois do cal chegou a contemplar a posibilidade do suicidio.

Traxectoria

Percorrido como modelo Winnie foi descuberta pola presentadora de America's Next Top Model, Tyra Banks, en Instagram, e posteriormente converteuse nunha das catorce finalistas do ciclo 21 en 2014. Ela foi a primeira e única canadense que participou no concurso. Foi eliminada na segunda semana e participou nunha competición separada chamada a «serie de regreso», onde continuou participando nas sesións de fotos do ciclo xunto cos outras concursantes eliminadas, co obxectivo de regresar á competición. Despois de completar a «serie de regreso», revelouse que ela recibira a maior puntuación media de votos do público, polo que regresou. Foi eliminada novamente no episodio 13, quedando no sexto posto en xeral. miniatura|Harlow no Festival de Cannes 2017. Tras a súa eliminación de America's Next Top Model, Harlow traballou para a marca de roupa española Desigual e converteuse na representante oficial da marca. En setembro de 2014, camiñou e pechou para a marca de roupa Ashish para a súa colección primavera/verán 2015 na Semana da Moda de Londres. Tamén traballou con revistas de moda como i-D e Dazed, e para a páxina web de moda Showstudio.com. En 2015 colaborou coa marca de roupa italiana Diesel para a súa campaña primavera/verán 2015, que foi rodada polo fotógrafo de moda británico Nick Knight. Posou para as edicións españolas e italianas da revista Glamour e apareceu na edición de agosto-setembro de 2015 da revista Complex. Tamén foi presentada no número de agosto de 2015 de Cosmopolitan. Apareceu na páxina web de Vogue Italia nunha entrevista e unha sesión fotográfica. En agosto de 2015, Winnie apareceu na edición de setembro da revista Ebony, xunto á ex-concursante de America's Next Top Model, Fatima Siad. En 2016, apareceu nun anuncio para Sprite, e tamén nunha campaña para Swarovski. O mesmo ano, foi elixida como unha das 100 Mulleres da BBC.

Oradora pública En xullo de 2011, Winnie publicou un vídeo de YouTube titulado Vitilixe: unha condición da pel, non un cambiador de vida, onde falou sobre a súa condición e respondeu a preguntas sobre a súa vida vivindo con vitilixe. En novembro de 2014, nunha presentación en TED, deu un discurso sobre a súa experiencia de vivir con vitilixe. En outubro de 2015, Harlow falou no panel Dove Self-Esteem Project no Cume Mundial de Mulleres 2015. Entregóuselle o premio «Modelo a seguir» no evento de 2015 de GQ, Home do Ano.

Outros traballos Harlow apareceu en varios vídeos musicais, incluíndo «The One» de JMSN, «Guts Over Fear» de Eminem e «#WHERESTHELOVE» de The Black Eyed Peas.

Ela foi un dos moitos cameos notables no «álbum visual» de Beyoncé, Lemonade.

Filmografía

Televisión AnoTítuloNotas2014Access HollywoodEpisodio: «26 de xuño de 2014»America's Next Top Model6º posto no ciclo 212015Prominent!Episodio: «13 de febreiro de 2015»Primetime: What Would You DoEpisodio: «Venres 12 de xuño»

Vídeos musicais CanciónAnoArtistaReferencia(s)«The One»2014JMSN«Guts Over Fear»Eminem ft. Sia«Lemonade»2016Beyoncé

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Winnie Harlow en Internet Movie Database (en inglés) Winnie Harlow en Models.com Sitio web oficial Winnie Harlow en Instagram

Categoría:Modelos femininas do Canadá Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Toronto