Period. End of Sentence. é unha curtametraxe documental de 2018 dirixida por Rayka Zehtabchi. Conta a historia das mulleres da India e a súa silenciosa revolución sexual pola desestigmatización do período. Está protagonizada por Arunachalam Muruganantham, Shabana Khan, Gouri Choudari, Ajeya e Anita. O documental segue un grupo de mulleres de Hapur, e a súa aprendizaxe no manexo dunha máquina que lles permite obter compresas de baixo custo e biodegradables que venden a outras mulleres por poucos cartos. Isto non só axuda a mellorar a hixiene feminina dándolles acceso a produtos básico senón que tamén apodera ás mulleres ó rachar os tabús que rodean a menstruación na India e contribúe no desenvolvemento económico da zona. O filme está inspirado na vida de Arunachalam Muruganantham, unha activista social de Tamil Nadu, na India.

A obra foi galardoada co Oscar á mellor curtametraxe documental na 91ª edición dos premios.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes sobre sexualidade