miniatura|Placa en homenaxe a Esther Pita en Santa Cruz Esther Pita Pita, nada en Santa Cruz (Oleiros) o 23 de maio de 1943 e finada ibídem o 24 de febreiro de 2019, foi unha política galega que chegou a ser alcaldesa de Oleiros durante dúas lexislaturas.

Traxectoria De pai emigrado en Venezuela e nai titular dun estanco en Santa Cruz, estudou na Escola de Comercio da Coruña, e despois traballou na Telefónica.

Fundou con Ángel García Seoane a Alternativa dos Veciños de Oleiros en 1976 e con ela concorreu ás primeiras eleccións municipais democráticas, e foi elixida concelleira xa de xeito ininterrompido. En 1985 a Alternativa dos Veciños pasou a ocupala alcaldía na persoa de García Seoane e Pita tivo dende aquela responsabilidades de goberno nas áreas de servizos sociais e de cultura. En xuño de 1996 García Seoane foi inhabilitado por seis anos e Pita pasou a ser alcaldesa. Ao remate da inhabilitación de Seoane, nas eleccións municipais de 2003, Pita deixou a alcaldía, que volveu a García Seoane, e abandonou a política.

Honras Ten unha praza dedicada en Santa Cruz.

Vida persoal Estivo casada e enviuvou.

Notas

Categoría:Alcaldes de Oleiros Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Finados en 2019