O Imperio de Oyo (en ) foi un estado ioruba que ocupou o que hoxe é o oeste e o norte de Nixeria. Estabelecido no século XIV, converteuse nun dos estados máis amplos da África precolonial cos que se atoparon os exploradores europeos. Conseguiu a preeminencia a través das habilidades organizativas excepcionais dos ioruba, a riqueza gañada co comercio e a súa posesión dunha poderosa cabalaría. O imperio foi unha potencia rexional entre mediados do século XVII e finais do século XVIII, exercendo a súa influencia sobre o Reino de Dahomey e outros reinos do que hoxe é Nixeria, Benín e Togo.

Véxase tamén

Bibliografía

Easley, Dr. Larry. "The Four Forest States of Africa." Oyo Empire. Southeast Missouri State University, Cape Girardeau. 2 Mar. 2009. Kehnide Salami, Yunusa Ph.D. "The Democratic Structure of Yoruba Political-Cultural Heritage." Department of Philosophy Obafemi Awolowo University Ile-Ife. 29 Apr. 2009. Shillington, Kevin. History of Africa. 2nd ed. Nova York: Macmillan Limited, 1995 Fasanya, Akin (2004). "The Original Religion of the Yorubas". http://www.laits.utexas.edu/africa/2004/database/fasanya.html

Categoría:Pobo ioruba Categoría:Historia de Nixeria Categoría:Historia de Benín