O garífuna é unha lingua arauaca falada polo pobo garífuna que habita na zona oeste da costa norte de América Central. Malia ser unha lingua da familia arauaca é atípica por falarse fóra da área lingüística arauaca, que está limitada ó norte de América do Sur, polo cal ten moitos préstamos das linguas caribes e das linguas europeas, produto das guerras, da migración e da colonización. O garífuna está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Outrora, a lingua estivo confinada nas illas de San Vicente e Dominica, mais os seus falantes, os garífunas, foron deportados masivamente polos británicos en 1797 á costa norte de Honduras, dende onde o pobo e a lingua se estenderon ó longo da costa dende Nicaragua até Guatemala e Belize.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Langworthy, Geneva (2002). "Language Planning in a Trans-National Speech Community" (). In: Barbara Burnaby e Jon Reyhner (eds), Indigenous Languages Across the Community, Flagstaff: Northern Arizona University, pp. 41–48. Munro, Pamela (1998). 'The Garifuna gender system'. In Hill, Mistry, & Campbell (eds), The Life of Language: papers in linguistics in honor of William Bright. Rodriguez, Nestor P. (Universidade de Houston) "Undocumented Central Americans in Houston: Diverse Populations." International Migration Review Vol. 21, No. 1 (Spring, 1987), pp. 4–26. Available at JStor. Suazo, Salvador (1994). Conversemos en garífuna (2nd ed.). Tegucigalpa: Editorial Guaymuras.

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas de Belize Categoría:Linguas de Honduras Categoría:Linguas de Nicaragua Categoría:Linguas de Guatemala