Rosa María Brañas Abad, nada en Lugo en 1965, é unha historiadora galega.
Traxectoria Doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora asociada de Historia Antiga na Universidade de VigoPáxina web da Universidade de Vigo [Consultada o 20 de febreiro de 2019] e profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Publicou diversos estudos sobre a Galicia da Idade de Ferro.
Obras Artigos de revistas A sociedade castrexa a través da epigrafía, Cuadernos de Estudios Gallegos, T. 51, Nº. 117, 2004, pp. 155-205Catálogo da autora en Dialnet [Consultado o 20 de febreiro de 2019]. Arqueología vs. Sentido Común, Complutum, Nº 16, 2005, pp. 156-169 "Algúns din que os galaicos son ateos": Reflexións sobre lingua e relixión na Galicia antiga, Grial: revista galega de cultura, Vol. 55, Nº. 215, 2017, pp. 44-49
Colaboracións en obras colectivas Galicia Romana. Historia de Galicia II (Con Francisco Xabier González García), 1995, Vía Láctea Editorial, OleirosGalicia romana. Historia de Galicia. Tomo II. Vía Láctea Editorial, Perillo-Oleiros (A Coruña), 1995. O impacto da Romanización en Galicia, Os celtas da Europa Atlántica: actas do Iº Congreso Galego sobre a Cultura Celta, Ferrol, agosto 1997, 1999, páxs. 215-228 Entre mitos, ritos y santuarios: los dioses galaico-lusitanos, Los pueblos de la Galicia céltica (coord. por Francisco Xabier González García), 2007, pp. 377-444
Libros Indíxenas e romanos na Galicia céltica, 1995, Follas Novas Deuses, heroes e lugares sagrados na cultura castrexa, 2000, Sotelo Blanco Edicións
Tese A organización socio-política no mundo castrexo, Tese doutoral dirixida por Marco Virgilio García Quintela, 1999, Universidade de Santiago de Compostela
Recoñecementos Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2000 pola obra Deuses, heroes e lugares sagrados na cultura castrexa.
Notas
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes