O Consello Oleícola Internacional (COI), en inglés International Olive Council (IOC), é o único organismo internacional dedicado ao aceite de oliva e ás olivas de mesa.

Ten a súa sede en Madrid, onde foi creado en 1959 baixo os auspicios das Nacións Unidas.

Funcións e membros O Consello contribúe de maneira decisiva ao desenvolvemento responsábel e sustentábel do oliveiral e constitúe un foro mundial onde se debaten as políticas a adoptar e se abordan os retos aos que se enfronta o sector.

Consta de 17 membros, un deles a Unión Europea, que representa a todos os países da mesma que producen olivas e aceite de oliva.

Historia O COI creouse en 1959 para administrar os distintos convenios internacionais sobre o aceite que se foran sucedendo ao longo de máis de cincuenta anos con miras a promover o oliveiral, o aceite de oliva e as olivas de mesa.

O primeiro Convenio Internacional do Aceite de Oliva e das Olivas de Mesa aprobouse o 17 de outubro de 1955, durante a Conferencia Internacional sobre o Aceite de Oliva convocada polo Secretario Xeral das Nacións Unidas e tras catorce días de negociacións entre a Federación Internacional Oleícola (FIO), a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e o Consello Económico e Social das Nacións Unidas (ECOSOC). A dito convenio inicial (denominado Convenio de 1956), sucedéronlle outros catro:

Convenio de 1963 Convenio de 1979 Convenio de 1986 Convenio de 2005

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Revista de prensa oficial De la aceituna al aceite En Consumer. Eroski .

Categoría:Aceites e graxas vexetais Categoría:Organizacións internacionais