Abdul Hamid (en bengalí: আব্দুল হামিদ), nado en Mithamain Upazila, no Raj Británico o 1 de xaneiro de 1944, é o voceiro do parlamento nacional de Bangladesh dende 2009 e actual Presidente de Bangladesh trala morte de Zillur Rahman en marzo de 2013. Foi elixido por primeira vez en abril de 2013, e foi reelixido para o seu segundo termo en 2018.
Carreira Comezou a súa carreira política mentres era estudante en Kishoreganj, como o Vicepresidente da Universidade de Gurudayal. Máis tarde converteuse en avogado na corte do xuíz de Kishoreganj. Foi nomeado varias veces presidente do Colexio de avogados de Kishoreganj. Foi elixido sete veces como membro do Parlamento dende 1970 a 2009.
Política Hamid foi o voceiro adxunto do Parlamento nacional de Bangladesh cando a liga Awami formou o goberno en 1996. En 2001, foi nomeado como o líder adxunto do partido de oposición na Asemblea Nacional. O 25 de xaneiro de 2009, converteuse no Presidente do Parlamento nacional de Bangladesh.
Presidencia Hamid foi nomeado presidente interino de Bangladesh o 14 de marzo de 2013 mentres o presidente, Zillur Rahman, estaba nun hospital de Singapur. Rahman morreu seis días despois.
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Presidentes de Bangladesh Categoría:Políticos de Bangladesh