A American League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Americana de Clubs Profesionais de Béisbol) ou American League (AL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A competición xurdiu da Western League, unha liga menor con sede nos estados dos Grandes Lagos, a cal conseguiu o status de liga maior en 1901. Ás veces é coñecida como "Junior Circuit" en contraposición á National League, fundada 25 anos antes e coñecida como o "Senior Circuit".

Ao final de cada temporada, o campión da American League xoga contra o campión da National Legaue nas coñecidas como Series Mundiais. Até a actualidade tan só en dúas temporadas non se xogaron as Series Mundiais: en 1904, cando os New York Giants se negaron a xogar contra os campións da AL; e en 1994 debido a unha folga de xogadores. Os equipos da American League teñen gañado máis veces as Series Mundiais, sobre todo grazas aos vinte e sete títulos dos New York Yankees. Dentro da AL os equipos con máis títulos son os propios Yankees (40), seguidos polos Oakland Athletics (15) e os Boston Red Sox (14).

Equipos A American League está composta por quince equipos divididos en tres divisións con cinco equipos en cada unha.

American League East

Baltimore Orioles fundados en 1901 como os Milwaukee Brewers, trasladados a St. Louis (1902) e a Baltimore (1954) Boston Red Sox fundados en 1901, alcumados "Americans" (adoptaron o nome de Red Sox en 1908) New York Yankees fundados en 1901 como os Baltimore Orioles, trasladados a Nova York (1903) e alcumados "Highlanders" (adoptaron o nome de Yanks/Yankees in 1913) Tampa Bay Rays fundados en 1998 como os Tampa Bay Devil Rays (team name changed in 2008) Toronto Blue Jays fundados en 1977

American League Central

Chicago White Sox fundados en 1894 como os Sioux City Cornhuskers, trasladados a St. Paul (1895) e a Chicago (1900) Cleveland Guardians fundados en 1894 como os Grand Rapids Rustlers, trasladados a Cleveland (1900) Detroit Tigers fundados en 1894 Kansas City Royals fundados en 1969 Minnesota Twins fundados en 1894 como os Kansas City Blues, trasladados a Washington (1901), e a Minneapolis-St. Paul (1961)

American League West

Houston Astros fundados en 1962 na National League como os Houston Colt .45s (adoptaron o nome de Astros en 1965), tranferidos á American League en 2013 Los Angeles Angels fundados en 1961 como Los Angeles Angels, despois como California Angels antes de trasladarse a Anaheim (1966), despois Anaheim Angels (1997), despois Los Angeles Angels of Anaheim (2005) Oakland Athletics fundados en 1901 en Filadelfia, trasladados a Kansas City (1955) e a Oakland (1968) Seattle Mariners fundados en 1977 Texas Rangers fundados en 1961 como os Washington Senators, trasladados a Arlington (1972)

Véxase tamén Outros artigos Major League Baseball National League

Ligazóns externas Páxina web oficial da Major League Baseball

Categoría:Major League Baseball