Johannes ou Xoán Mauropo ou Maurópodo, nado en Paflagonia en 990 e finado en Constantinopla o 5 de outubro de 1090, foi un poeta, erudito e escritor bizantino, nacido en Paflagonia, polo cal o chamaron Maurópodo, o dos pés negros.

Traxectoria Foi, ao parecer, discípulo do abade San Doroteo o Mozo, de quen escribirá a vida. Ensinou filosofía en Costantinopla e tivo como discípulo a Miguel Psellos, que o sucedeu despois na súa cátedra. Nomeado metropolitano de Eucatia (polo cal algúns o chamaron tamén Xoán Eucatia), retirouse logo como simple monxe a Constantinopla, onde morreu no convento do Pródromo.

Durante algúns anos, Mauropo formou parte do círculo íntimo de poetas e eruditos que rodeaba ao Emperador, e foi nomeado Retor da corte'Estas informacións atópanse en parte en "Mauropous, John", Oxford Dictionary of Byzantium, vol. 2, p. 1319..

Expoñente do segundo renacemento bizantino, compuxo moitas poesías en trímetros iámbicos, en gran parte inédita, discursos, homilías, e un Léxico etimolóxico. Consérvanse de Mauropo ademais 77 cartas e 99 epigramas, xénero no que se estima sobresaíu moito.

Notas

Categoría:Nados en 990 Categoría:Finados en 1090 Categoría:Nados en Turquía