miniatura|240px|Reconstrución artística de Smilodon fatalis, o dentes de sabre por excelencia. O termo dentes de sabre é un termo xenérico que se usa para describir a numerosas especies de mamíferos dotados de enormes cairos que viviron durante diferentes épocas do Cenozoico.

Estas especies adquiriron os seus característicos dentes de sabre de forma totalmente independente. A morfoloxía dos dentes é un excelente exemplo de evolución converxente, xa que ocorreu repetida e independentemente en polo menos catro grupos diferentes de mamíferos: os macairodontes (Machairodontinae), unha subfamilia dos félidos que inclúe ao famoso Smilodon; os nimrávidos (Nimravidae), unha familia emparentada cos felinos, pero diferente; e finalmente, un par de casos illados dentro dos creodontos (que non son considerados carnívoros auténticos) e os tilacosmílidos, unha familia extinta de metaterios suramericanos.

O atributo máis espectacular e evidente de todos os mamíferos con dentes de sabre son os inmensos cairos superiores. Aínda que o consenso xeral de acordo á súa dentadura é que se usaban para cazar indicando con iso unha alimentación carnívora, a forma exacta na que se usaban foi motivo de debate desde a década de 1880, cando o Smilodon foi descrito por primeira vez.

Suxeición Algúns paleontólogos cren que o propósito principal era o de agarrar e suxeitar presas grandes. A evidencia con todo non apoia suficientemente esta teoría, xa que se demostrou que uns dentes tan longos usados desa forma poderían romper facilmente, e os cranios fósiles cos dentes rotos son raros.

Uso Unha hipótese máis aceptada suxire que os dentes de sabre se usaban para dar dentadas na garganta ou o abdome de presas grandes (Akersten, 1985), ou para causar feridas punzantes profundas que desangrarían o animal.

Outro posible uso é o de estrutura de status social, como case todas as cornamentas. De ser así, isto apoiaría a teoría de que os dentes de sabre eran animais sociais ou talvez fortemente territoriais.

Xéneros salientables Xénero Número deespecies Período Rexións Smilodon 4 2,5 millóns de anos (Ma) a 10 000 anos atrás Norte e Suramérica Hoplophoneus 5 33,7 Ma a 23,8 Ma atrás Norte Homotherium 1 3 Ma a 10.000 anos atrás Eurasia, África, Norteamérica Thylacosmilus 1 10 Ma a 1,8 Ma atrás Suramérica Metailurus 1 15 Ma a 8 Ma antes A China e Europa oriental Machairodus (devanceiro de Homotherium) 5 15 Ma a 2 Ma antes África, Eurasia e Norteamérica Megantereon 2 3 Ma a 9.000 anos antes África, Eurasia e Norteamérica Dinofelis 5 5 Ma a 1,5 Ma antes África, Eurasia e Norteamérica Paramachairodus 2 20-15 Ma a 9 Ma antes España Xenosmilus 1 1 Ma antes Florida central

dereita|miniatura|Escultura dun dentes de sabre no Parque Plistocénico de Osorno (Parque Chuyaca - Osorno, Chile).

Árbore evolutiva Tódolos mamíferos con dentes de sabre viviron entre hai 9000 e 33 700 000 anos. Porén, as liñas evolutivas que deron orixe ós xéneros con dentes de sabre comezaron a separarse moito antes.

Clase Mammalia Subclase Marsupialia (data de diverxencia descoñecida, durante o Cretáceo). Orde Sparassodonta (un grupo extinto de metaterios suramericanos). Familia Thylacosmilidae (borhienoideos con dentes de sabre). Anachlysictis Patagosmilus Thylacosmilus Subclase Placentalia Orde Creodonta (diverxeu hai uns 60 millóns de anos no Paleoceno). Familia Hyaenodontidae Apataelurus Machaeroides Orde Carnivora Familia Nimravidae (separouse dos feliformes entre 48 e 55 millóns de anos antes, no Eoceno tardío). Hoplophoneus Familia Felidae (verdadeiros felinos). Subfamilia Machairodontinae (data de diverxencia descoñecida). Tribo Machairodontini Homotherium Machairodus Xenosmilus Tribo Metailurini Dinofelis Metailurus Tribo Smilodontini Megantereon Paramachairodus Smilodon

Véxase tamén Outros artigos Félidos Megafauna Paleoarte

Bibliografía Mol, D., W. v. Logchem, K. v. Hooijdonk, R. Bakker. The Saber-Toothed Cat. DrukWare, Norg 2008. . Sardella, R. "Web of Knowledge [v5.6]". SOC PALEONTOLOGICA ITALIANA, C/O E. SERPAGLI, EDITOR, IST DI PALEONTOLOGIA VIA UNIV 4, MODENA, 00000, ITALY, 10 Mar. 2012. Web. 18 Oct. 2012. <http://apps.webofknowledge.com/full_record.do?product=WOS>.

Categoría:Felinos