Marquese De’Shawn Chriss, nado o 2 de xullo de 1997 en Sacramento, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria Chriss foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Sacramento Kings. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dos dereitos de Bogdan Bogdanović e os dereitos das eleccións 13ª e 28ª do Draft, Georgios Papagiannis e Skal Labissière.Suns Acquire Marquese Chriss in Draft-Day Trade with Kings
O 31 de agosto de 2018, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.
O 7 de febreiro de 2019, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.
O 30 de setembro de 2019, Chriss asinou cos Golden State Warriors. O 25 de marzo de 2021, Chriss foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio dos dereitos do Draft de Cady Lalanne. Tres días máis tarde, foi cortado polos Spurs.
O 24 de xuño de 2022, Chriss foi traspasado xunto a Boban Marjanović, Trey Burke, Sterling Brown e os dereitos do Draft de Wendell Moore ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood. Sen chegar a debutar cos Rockets, foise traspasado o 30 de setembro de 2022 ós Oklahoma City Thunder xunto a Trey Burke, David Nwaba e Sterling Brown, a cambio de Derrick Favors, Ty Jerome, Maurice Harkless, Théo Maledon e unha futura elección da segunda rolda do Draft. O 17 de outubro de 2022, os Thunder cortaron a Chriss.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Sacramento Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks