Ricardo Orsini (en italiano: Riccardo Orsini), finado en 1303 ou 1304, foi o conde palatino de Cefalonia e Zante desde antes de 1260 até a súa morte en 1303/4, e tamén capitán xeneral de Corfú en 1286–1290, conde de Gravina en 1284–1291. Tamén serviu como bailío anxevino no Principado de Acaia desde 1297 até 1300PLP 24307.

Traxectoria Xeralmente asúmese que Ricardo foi fillo de Mateu Orsini, conde palatino de Cefalonia e Zante, e unha filla do sebastocrátor Xoán Comneno DucasBon (1969), p. 706. Con todo, dado o longo período entre o comezo do reinado de Mateu nos primeiros anos do século XIII e a data testemuñada da morte de Ricardo, é probábel que outro personaxe fose posto entre Mateu e Ricardo, quizais o «conde Teodoro» referido nun documento de 1264 (posibelmente o fillo de Mateu e o pai de Ricardo)Kiesewetter (2006), p. 352.

Non está claro cando se converteu exactamente Ricardo en conde palatino. Non é rexistrado especificamente polo seu nome nun documento até 1264Nicol (2010), p. 36. Con todo, segundo o testemuño do cronista Marino Sanudo o Vello, aínda era un menor de idade ao redor de 1262, cando Guillerme II de Villehardouin asumiu a rexencia do condado despois do seu regreso do seu cativerio bizantinoKiesewetter (2006), p. 352, citing Sanudo, Istoria (ed. Hopf, Chroniques gréco-romanes) p. 116. Algúns autores datan a súa ascensión xa en 1238, a data do último documento en referencia a Mateu Orsini, a miúdo asumido como a data da súa mortePLP 24307. Se é así, Ricardo foi entón talvez o «Conde de Cefalonia» mencionado nun intento veneciano para formar unha alianza cos gobernantes francos de Grecia en axuda do asediado Imperio latino de ConstantinoplaSetton (1975), pp. 91, 501. Text in Norden, Das Papsttum und Byzanz pp.759-760.

Xa desde a época do seu pai, o conde palatino era un vasalo do Principado de Acaia, e a través dela, despois do tratado de Viterbo, do Reino de Nápoles. Nesta capacidade Ricardo tamén ocupou o cargo de capitán xeneral de Corfú e Butrinto na costa albanesa en 1286–90PLP 24307Nicol (2010), p. 36. En 1291/92, participou con 100 cabaleiros nunha campaña para axudar ao gobernante de Epiro, Nicéforo I Comneno Ducas, contra os bizantinos que estaban a cercar Ioánnina, xunto con 400-500 cabaleiros aqueos baixo Nicolao III de Saint Omer. A cambio, Nicéforo enviou á súa filla, María, como refén a Cefalonia. Despois que os bizantinos foron repelidos, ela casou co fillo e herdeiro de Ricardo, Xoán I Orsini. Isto espertou a indignación de Nicéforo, quen non fora consultado, e que non se tranquilizou até 1295, cando a xove parella chegou a vivir á súa corteBon (1969), p. 167Nicol (2010), pp. 40, 43.

Despois da morte do príncipe de Acaia, Florent de Hainaut, a súa viúva, a princesa Isabel de Villehardouin nomeou a Ricardo para gobernar no seu lugar como bailío e retirouse ao castelo de KalamataBon (1969), pp. 170–171. O seu goberno parece ser pacífico no que respecta aos conflitos cos gregos bizantinos de Mistrá, pero o tema de sucesión permaneceu aberto xa que Isabel só tiña unha filla, Matilde de Hainaut (nada en 1293). Por suxestión de Ricardo Orsini, a nova herdeira de Acaia comprometeuse co novo duque de Atenas, Guido II de la Roche. O seu matrimonio ocorreu en 1305Bon (1969), pp. 171–172Longnon (1969), p. 265. Ricardo mantivo o seu cargo até 1300, cando foi substituído por Nicolao III de Saint Omer, a consello do chanceler Benxamín de Kalamata. Isto comezou un período de rivalidade entre Ricardo e Benxamín. En 1303, os amigos de Ricardo na corte convenceron ao novo príncipe Filipe de Savoia para deter a Benxamín, quen foi liberado despois de pagar 20.000 hyperpyróns como rescate. Posteriormente, Benxamín gañouse a confianza do príncipe, e obrigou a Ricardo a renunciar pola mesma suma a cambio da posesión da metade dunha vila, que regresou ao dominio principesco despois da morte de RicardoBon (1969), pp. 173, 175–176.

Ricardo foi asasinado en 1303 ou 1304 por un dos seus propios cabaleiros, un home chamado LeónBon (1969), p. 176Nicol (2010), p. 53 note 82.

Matrimonio Ricardo casou dúas veces: a súa primeira esposa é descoñecida, e a súa segunda foi Margarida de Villehardouin, irmá da princesa Isabel. Do seu primeiro matrimonio, tivo catro fillos: un fillo, Xoán I Orsini, e tres fillasPLP 24307Bon (1969), p. 706. Todas as súas tres fillas casaron con membros da nobreza aquea: unha, Guillermina, casou co gran condestable Xoán Chauderon, que morreu en 1294, e despois con Nicolao III de Saint Omer; a segunda casou con Xoán de Durnay, barón de Gritzena; e a terceira casou con Enxelberto de Liederkerque, un sobriño do príncipe Florent de Hainaut, que sucedeu a Chauderon como condestábelBon (1969), pp. 168, 171, 706. Do seu segundo matrimonio, Ricardo tivo unha filla, que morreu de nenaBon (1969), p. 176.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 1304 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Condes palatinos de Cefalonia e Zante Categoría:Nados no século XIII