Manuel Lago García, coñecido tamén como Manu Malabaranda, nado en Vigo o 9 de xaneiro de 1976 e finado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 2018, foi un actor de circo e malabarista galego.

Traxectoria Comezou a actuar como pallaso e malabarista en espectáculos na rúa en Galicia, coincidindo coa súa formación universitaria (cursou estudos de bioloxía), a finais dos anos noventa e principios do século XXI. En 2003 marchou a estudar circo ao Reino Unido, onde se licenciou en 2006 pola Universidade de Kent.

Foi un dos membros fundadores de Pistacatro, un colectivo heteroxéneo de artistas de circo, pallasos e malabaristas que se creou en Santiago de Compostela no ano 2006. A súa carreira profesional estivo vinculada ás obras e producións de Pistacatro desde ese momento.

Notas

Categoría:Pallasos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Circo en Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Kent Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes