Nicolasa Quintremán Calpán, nada en Alto Biobío o 4 de decembro de 1939 e finada o 24 de decembro de 2013, foi unha activista mapuche de orixe pehuenche máis coñecida pola súa férrea oposición á construción da central hidroeléctrica Ralco de Endesa xunto á súa irmá Berta. Como parte da organización Mapu Domuche Newén (Mulleres coa forza da terra) as súas accións marcaron «o inicio das loitas sociais fronte ó impacto ambiental e social que poden xerar as grandes iniciativas deste tipo no país».
Pertenceu á comunidade Ralco-Lepoy, instancia dende onde foi unha das artífices de diversas manifestacións en Santiago de Chile e Concepción en contra da central, e participou en varios foros internacionais onde explicou as implicancias de devandito proxecto para o pobo pehuenche, como o organizado na Comisión de Dereitos Humanos do Parlamento Europeo. Ademais, estableceron unha demanda en contra da compañía e da Comisión Nacional do Medio Ambiente.
No ano 2000, recibiu o premio Petra Kelly en Alemaña xunto á súa irmá «en honra á súa resistencia non violenta, a súa coraxe e o compromiso destas dúas mulleres que foron emblema da loita contra as mega represas».
O 24 de decembro do 2013, o corpo de Nicolasa foi atopado flotando nas augas do encoro artificial da represa Ralco, o mesmo polo cal alcanzou notoriedade pública ó oporse tenazmente á súa construción. Aínda que o Servizo Médico Legal sinalou que a activista morreu afogada produto dunha caída accidental, para moitos a tese do accidente deixa un grande espazo a dúbidas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Central hidroeléctrica Ralco
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Chile Categoría:Pobo mapuche