O voo 150 de Garuda Indonesia era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto de Kemayoran, Iacarta e o aeroporto Sultán Mahmud Badaruddin II, Palembang. O 24 de setembro de 1975 o Fokker F-28 Fellowship que operaba a ruta esnafrouse na aproximación debido ao mal tempo e á néboa a 4 quilómetros da cidade de Palembang. O accidente matou a 25 dos 61 pasaxeiros e tripulantes e a unha persoa en terra.
Avión O aparello era un Fokker F-28 Fellowship, con rexistro PK-GVC, fabricado no ano 1971. O avión acumulaba máis de 1 000 horas de voo antes do accidente.
Accidente O voo 150 de Garuda Indonesia Airways engalou do aeroporto de Kemayoran para un curto traxecto ata o aeroporto Sultán Mahmud Badaruddin II con 61 pasaxeiros e tripulantes a bordo. Menos dunha hora despois da engalaxe o avión foi autorizado polos controladores de tráfico aéreo en Palembang a iniciar a súa aproximación para aterrar na pista 28. Baixáronse os flaps e o tren de aterraxe cando o avión estaba preto e a néboa comezou a cubrir a cidade e o aeroporto. O voo 150 entrou na néboa dous minutos despois. A cola do aparello golpeou unhas árbores e a aeronave esnafrouse rompéndose en dúas partes. Non se produciu nungún incendio pero o choque matou a 25 persoas a bordo e a unha en terra. 36 ocupantes do avión sobreviviron e foron levados a un hospital local.
Causa A investigación do accidente atopou que a tripulación realizou un voo visual en condicións metorolóxicas baixo mínimos. O voo 150 estaba a favor do vento cando o avión se aproximaba ao aeroporto no medio da néboa. Non se sabe porque o controlador non lles dixo aos pilotos que executasen unha aproximación frustrada ou porque os piotos non o fixeron pola súa conta.
Notas
Garuda Indonesia 0150 Garuda Indonesia Garuda Indonesia