miniatura|240px|Perdiz charrela (Perdix perdix). A dos perdicinos (Perdicinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe numerosas especies, como as perdices, os paspallases, francolíns (Francolinus sp.), que se direnencian doutras galiformes entre outras cousas, por non teren esporóns.
Forman nun grupo de aves non migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan de sementes e aniñan no solo.
A subfamilia inclúe moitas das aves de caza máis estimadas.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1821 polo naturalista estadounidense Thomas Horsfield, Perdicinae, Horsfield, 1821 en Wikispecies. aínda que algúns autores atribúen a súa descrición a Bonaparte en 1838.Subfamily Perdicinae Bonaparte, 1838 no Taxonomicon.Perdicinae (Bonaparte, 1838) en Galliformes, no Mikko's Phylogeny Archive.
Etimoloxía O nome Perdicinae está formado sobre a raíz Perdic-, do xenitivo do nome do seu xénero tipo, Perdix (do latín perdix, -īcis, 'perdiz', coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Xéneros Na actualidade, de acordo coa clasificación do Sistema Integrado de Información Taxonómica, recoñécense dentro da subfamilia os vinte e dous xéneros seguintes:Perdicinae no ITIS.
Subfamilia Perdicinae Horsfield, 1821
Alectoris Kaup, 1829 Ammoperdix Gould, 1851 Anurophasis Oort, 1910 Arborophila Hodgson, 1837 Bambusicola Gould, 1863 Caloperdix Blyth, 1861 Coturnix Bonnaterre, 1791 Francolinus Stephens, 1819 Galloperdix Blyth, 1845 Haematortyx Sharpe, 1879 Lerwa Hodgson, 1837 Margaroperdix Reichenbach, 1853 Melanoperdix Jerdon, 1864 Ophrysia Bonaparte, 1856 Perdicula Hodgson, 1837 Perdix Brisson, 1760 Ptilopachus Swainson, 1837 1 Rhizothera G. R. Gray, 1841 Rollulus Bonnaterre, 1791 Tetraogallus J. E. Gray, 1832 Tetraophasis Elliot, 1871 Xenoperdix Dinesen, Lehmberg, Svendsen, Hansen & Fjeldsa, 1994
1 Cómpre sinalar que na actualidade este xénero está integrado na familia dos odontofóridos, subfamilia dos ptilopaquinos,
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos
Ligazóns externas Perdicinae na ADW.
Categoría:Fasiánidos