O voo 301 de Canadian Pacific Air Lines era un servizo regular dende Honolulu, Hawai ata Nadi, Fiji. O 22 de xullo de 1962 a ruta estaba sendo operada por un Bristol Britannia 314 con rexistro CF-CZB.Civil Aviation Authority 1974, p. 18/62 Cando engalaba do aeroporto de Honolulu o avión tivo problemas nun motor e regresou para aterrar con tres motores cando durante o intento dun go-around esnafrouse no aeroporto, morrendo 27 dos seus 40 ocupantes.

Avión O aparello, un cuadrimotor turbohélice Bristol Britannia 314, fora fabricado no Reino Unido e voara por primeira vez o 14 de abril de 1958.Eastwood 1991, p. 73 Fora entregado novo a Canadian Pacific Air Lines o 29 de abril dese ano. Foi bautizado inicialmente Empress of Vancouver e posteriormente pasou a chamarse Empress of Lima.

Accidente O Britannia Empress of Lima estaba facendo un voo regular dende o aeroporto de Honolulu , Hawai, ata o aeroporto de Nadi, Fiji. Pouco despois da engalaxe a tripulación tivo un aviso de lume nun motor, puxo en bandeira o motor 1 e expulsaron combustible antes de regresar a Honolulu 40 minutos despois. A aproximación con tres motores semellaba normal pero no último momento a tripulación decidiu facer un go-around e intentar outra aproximación. O avión inclinouse e desviouse cara a esquerda,golpeando a á de babor o chan a uns 550 pés do centro da pista. O avión desintegrouse cando atraveou o aeródromo antes de golpear contra algún equipamento de terra. Agás a fuselaxe traseira e a cola, o avión foi consumido polo lume. 13 persoas conseguiron escapar, pero 7 tripulantes e 20 pasaxeiros morreron.

Causa probable A xunta de investigación do accidente concluíu que a causa probable foi "o intento de go-around con tres motores, cando o avión estaba en configuración total de aterraxe, a velocidade e altitude insuficiente para manter o control".

Notas

Canadian Pacific Air Lines Categoría:Accidentes e incidentes de Canadian Pacific Air Lines Categoría:Accidentes e incidentes de Bristol Britannia Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1962